lunes, 24 de junio de 2019

O ELEFANTE COMELLÓN

O alumnado de 6º de E. Infantil representaron así de ben, no festival de fin de curso o conto:
"O ELEFANTE COMELLÓN"

CHÍMPATE PEPA

O alumnado de terceiro, despediron o curso 2018/ 19 coa representación do conto:
"CHÍMPATE PEPA"

miércoles, 27 de junio de 2018

O RESTAURANTE FARRUCO

O alumnado de segundo de primaria, representou maxistralmente a obra :
"O RESTAURANTE FARRUCO"
A actuación tivo lugar no Centro social do Mar de Bueu, o pasado mércores, 20 de xuño. Ao acto acudiron as familias dos pequenos e pequenas e servúi como despedida do curso 2017/18.

miércoles, 14 de marzo de 2018

MULLERES FAMOSAS MULLERES NOSAS

Esta fermosa activdade foi realizada polo alumnado de cuarto do noso colexio, para conmemorar o DÍA DO MULLER TRABALLADORA.
A representación tivo lugar no Centro social do Mar de Bueu,  nun acto convocado polo CIM do Concello de Bueu o pasado 9 de marzo.

miércoles, 28 de junio de 2017

A GALIÑA AZUL

O alumnado de terceiro, quixo este ano homenaxear a Carlos Casares, facendo esta bonita representación de "A Galiña Azul, adaptada ao teatro por Carmen Álvarez Gómez.
A obra foi representada para a comunidade escolar dentro do recinto escolar, pero estes nenos e nenas, actuaron para os maiores da vila no centro de día Pescadoira.


miércoles, 13 de julio de 2016

A NUBRIÑA PASCUAL

O alumnado de segundo de E. Primaria rematou o curso invitando ás familias á representación dunha preciosa obra de teatro no Centro Social do Mar de Bueu:
"A Nubriña Pascual"
Parabéns para estes rapaces e rapazas e tamén para as súas titoras porque xuntos acadaron este precioso traballo que podedes contemplar no seguinte vídeo:

A MELLOR SOPA DO MUNDO

Neste curso, xa finalizado o alumnado, de 6º de E. Infantil agasallounos coa representación da obra de teatro:
 "A Mellor Sopa do Mundo". 
Xulgade por vós mesmos, pero creo que todos imos chegar a conclusión de que todos estes pequenos e pequenas son uns grandes artistas. 
Parabéns chicos e chicas eprofes!