A idea é que a partir dos libros que aquí están
expostos, os docentes atopemos diferentes maneiras de poñer en práctica a
dramatización na escola. isto non quere dicir que o obxectivo a priori sexa
facer representacións contando con pouco tempo e escasos recursos, senón máis
ben todo o contrario; trataríase de traballar as bases para que os nenos tomen
conciencia do que significa actuar e aprendan técnicas que lles axuden a seren
os verdadeiros protagonistas do espectáculo creativo.
Con esto estamos referíndonos aos obradoiros e
exercicios de autoexpresión, de técnicas vocais, de improvisación, e tamén de
deseño de decorados, de accesorios, de monicreques ou máscaras, de vestiario
etc.
A posta en escena dun espectáculo sería a fase
terminal do proxecto , que se pode entender a longo prazo , dependendo das
características e necesidades de cada caso.
Tendo isto en conta, algunhas actividades poderían
ser:
Na área das Linguas
·
Traballar
a expresión oral , a entoación e os xestos a través de contar contos ou
historias para outros nenos na biblioteca.
·
Traballar
a improvisación e a creatividade dando forma a historias a partir dun tema
elixido.
·
Coñecer
a fondo a estrutura das obras teatrais facendo lecturas en grupo.
·
Crear
diálogos entre varios personaxes nunha situación determinada.
·
Afondar
na corrección dos textos escritos facendo traduccións ao galego dalgunha peza
que nos poida interesar traballar.
·
Facer
reseñas de obras que interesen , falando
da trama,os personaxes e a idade a que van dirixidas, para formar así unha especie de catálogo por idades.
Na
área de Plástica
·
Facer
obradoiros de creación de máscaras.
·
Facer
obradoiros de creación de monicreques.
·
idear
e montar decorados para unha posta en escena.
·
Confeccionar
carteis para anunciar unha representación.
·
Deseñar
o vestiario para un personaxe concreto.
Na
área de Música
·
Facer
exercicios de expresión corporal con diferentes ritmos.
·
Improvisar
movementos para evocar diferentes situacións.
·
Facer
exercicios de imitación de animais e personaxes coñecidos.
·
Elixir
temas musicais que evoquen diferentes sentimentos como fondo para unha
representación.
·
Practicar
algunha peza para formar parte dunha posta en escena.
Na
área de Educación Física
·
Facer
exercicios de dinámica de grupos que favorezan o coñecemento entre si de cada un dos membros.
De seguro que sairán moitas máis logo de achegarnos
un pouco ao mundo da dramatización.
Calquera destas actividades podería ser levada a
cabo para un público, sexan nenos do centro, pais, ou toda a comunidade
educativa a través de exposición de traballos sen ter que esperar
necesariamente a ter unha obra preparada para levar a escena.
Como conclusión, dicir que a exposición pretende ser unha primeira aproximación ao
traballo teatral na escola, que tería como finalidade a medio prazo, buscar un
espazo e un tempo na actividade escolar para consolidar un proxecto teatral ,
no que ,dende o comezo de cada curso, se decida o que se vai traballar ao longo
do mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario