Neste curso 2013- 2014, aínda que a exposición dos libros do Fondo xa rematou a súa andaina polos centros do Morrazo, este blog vai continuar sendo un espazo onde atopar novas relacionadas co teatro e a escola.
Por unha banda seguiremos engadindo libros ao ficheiro que comezamos como traballo colaborativo entre os centros; pero tamén nos faremos eco das novidades que poidan ir aparecendo así como de actividades ou experiencias vinculadas ao teatro que estean á nosa disposición.
Este é o blog do proxecto QUE SUBA O PANO! ;que pretende un achegamento do teatro á escola a través dunha exposición itinerante de libros de teatro infantil e xuvenil.

miércoles, 20 de noviembre de 2013
martes, 25 de junio de 2013
QUE SUBA O PANO
Os nenos de 5º do colexio A Pedra de Bueu, aproveitaron o proxecto para elaborar unha morea de textos de caracter teatral , dándolle vida a diferentes personaxes que a través do diálogo comparten situacións moitas veces divertidas . Este ano non deu tempo a representalos, pero queda pendente para o vindeiro curso.
jueves, 20 de junio de 2013
IES DE RODEIRA (CANGAS)
O teatro galego forma parte do curriculo de 4º da ESO e de 2º Bacharelato polo que foi o alumnado destes cursos o que montou a exposición para o resto da comunidade educativa.
Pasra iso baixaron ao corredor que está diante da Biblioteca co libro de texto e os apuntamentos de literatura.Ordenaron os libros de teatro de xeito cronolóxico en tres grandes etapas, achegando información sobre elas:o teatro galego de 1900 a 1936,o teatro galego do 1936 a 1970 e o teatro galego actual, a partir das Mostras de Teatro de Ribadavia, etapa que coincide coa produción de Roberto Vidal Bolaño.Tamén houbo unha sección para as traducións e outra para as revistas de teatro e os Cadernos da Escola Dramática.Para ambientar esta exposición utilizaron os carteis chegados da Xunta con motivo das Letras Galegas e un pequeno escenario, feito con caixas e teas, adornado con máscaras de nariz vermello sobre o que colocaron unha figura de de Roberto Vidal Bolaño e doutros personaxes das súas obras , feitos de cartón.
Podedes vela aquí:

http://vimeo.com/67405364
jueves, 6 de junio de 2013
CEIP DA ESPIÑEIRA (ALDÁN)
Os nenos da Espiñeira tamén se achegaron a coñecer os libros de teatro. Observaron de que maneira se escriben, e cales son as diferenzas con outro tipo de textos. A exposición serviulles tamén para coñecer un pouco quen foi María Casares, que é a que da nome ao Fondo Teatral .
CEIP BELUSO (BUEU)
A exposición estivo no cole de Beluso dende o 29 de abril ata o 10 de maio. Tivo unha boa acollida , fixeron cuestionarios para dar a coñecer os libros , e deixaron unha porta aberta para achegarse un pouco máis ao teatro de cara ao vindeiro curso.
domingo, 7 de abril de 2013
DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO
O pasado 27 de marzo celebrouse o día Internacional do Teatro, o encargado de difundir a mensaxe este ano, foi o Premio Nobel de Literatura Darío Fo.
http://enredemosapedra.blogspot.com.es/2013/03/manifesto-do-dia-interncional-do-teatro.html
No cole da Pedra festexamos ese día cunha exposición fotográfica na que os nenos e nenas de primeiro expresaron diferentes estados de ánimo.
Este foi o resultado.

IES MONTE CARRASCO (Cangas)
A exposición QUE SUBA O PANO! estará no IES Monte Carrasco ata o vindeiro día 19 de abril.
Preme na seguinte ligazón.
http://issuu.com/luzjares/docs/que_suba_o_pano?mode=window
Preme na seguinte ligazón.

sábado, 16 de marzo de 2013
CEIP ABELENDO (MOAÑA)
"Que suba o
pano" é o título dunha exposición itinerante sobre teatro que está percorrendo
os centros de ensino do Morrazo e que neste mes de marzo está con nós, na
biblioteca do cole.
Consta de textos
teatrais para nenos e nenas, de libros didácticos sobre distintas artes
escénicas, expresión corporal, títeres, revistas,
publicacións, que pertenecen
ao Fondo Teatral María
Casares" que é unha colección de fondos bibliográficos sobre teatro que
habitualmente, está na Biblioteca Central de
Cangas.
http://abelendo.blogspot.com.es/
CEIP QUINTELA (MOAÑA)
A exposición comezou a súa andaina por diferentes colexios da Comarca do Morrazo. Estivo en Quintela onde lle fixeron un oco na súa biblioteca .
EXPOSICIÓN ITINERANTE
EXPOSICIÓN ITINERANTE
“FONDO
TEATRAL MARÍA CASARES”
QUE É? O Fondo teatral María Casares
é unha colección de fondos
bibliográficos sobre teatro , o resultado dun convenio asinado no ano
1995 entre o Concello de Cangas, a compañía de "Teatro de Ningures" e a
"Revista Galega de Teatro".
Formado inicialmente pola cesión de
fondos bibliográficos e diversas coleccións de revistas especializadas destas
dúas entidades, vai progresivamente enriquecendo as súas posibilidades con novas
e contínuas aportacións e completando secuencias incompletas das
revistas.
O Fondo conta actualmente con arredor dun millar de
volumes e revistas, que son unha base moi útil para todas as
persoas interesadas polo feito teatral, sendo un depósito especializado en
teatro único en Galicia.
ONDE
ESTÁ?
Sitúase na Biblioteca Central de Cangas e é de acceso público a través do carnet
da biblioteca.
QUE
REÚNE?
Textos teatrais para escolares, para adultos e para grupos profesionais do
teatro, libros didácticos sobre as distintas artes escénicas, expresión
corporal, títeres, revistas e publicacións de todo o estado e do
estranxeiro…etc
http://www.bibliotecadocole.com/
http://www.bibliotecadocole.com/
martes, 12 de febrero de 2013
ARQUIVO FTMC
Un dos obxectivos do proxecto é elaborar un arquivo con información sobre textos teatrais axeitados para nenos. Velaquí uns exemplos que nos poden servir de guía, están extraídos do libro "teatro para nenos" de Antón Lamapereira ( editado pola Consellería de Cultura e Xuventude da Xunta de Galicia en 1991).
TÍTULO : As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Ed. Galaxia, 1973
AUTOR: Casares Mouriño, Carlos
IDADE: A partir de 9 anos.
PERSONAXES: Elías, Anxa, Veciño da escopeta, Veciño gordo, Veciña desdentada, Veciña sabida, Veciño torto, Unha laranxa, O ovo, A galiña Petra, O can Paulino.
SINÓPSE ARGUMENTAL: Elías vive con Anxa, na súa casa teñen unha árbore que ten as 5 laranxas máis grandes do mundo, un día descobre que ao tocarlle a unha , a laranxa estoura.Con tal motivo van chegando os veciños a ver que pasa , e comezan a suceder cousas sen sentido ( un zapato sae voando, a galiña pon ovos de cores, Anxa convirte o ovo nunha fonte e da laranxa comezan a saír unha morea de cousas: un bocadillo, unha bicicleta, un papaventos...)
AMBIENTACIÓN : Rural.
ENFOQUE: Fantástico, con poucos elementos reais.
SUXESTIÓNS:
-Esaxeración desmesurada das situacións.
-Personificación da laranxa,a galiña, o ovo e o can.
-Caracterización dos personaxes a partir dos seus defectos: o torto, o gordo, a sabida, a desdentada ou o da escopeta.
-A violencia do veciño da escopeta , contrasta coa inxenuidade do veciño gordo.
TÍTULO: Ledaíñas pola morte do Meco Ed. Pico Sacro, 1977
AUTOR: Vidal Bolaño, Roberto
IDADE: A partir dos 12 anos.
PERSONAXES: Borralleiro, Corregalos, Choqueira, Madamita, Troteiro, D. Xeanaro, Señora Concha, D. Aleuterio, O Adivertido, D. Xusto, D. Xesús, D. Roque, Catro alguacís, Pregoeiro, Cinco xusticias do reino.
SINÓPSE ARGUMENTAL: Trátase dunha insurrección popular contra o Meco, representante do poder dictatorial e represivo que ten sumerxido na máis triste das miserias a todo un pobo, que moi ben poidera ser o galego.O Crego promételle o lume do inferno aos alborotados veciños, Dona Concha e D. Aleuterio amósanlle mil produtos cos que encher as súas casas, o Adivertido tenta engaiolalos con noxentas cantigas, D. Roque e D. Xesús , secretario e alcalde do concello improvisan discursos para calmar a rabia popular.
Será finalmente a forza pública quen remate coa revolta. D. Xusto anunciará a sentenza de morte, pero un conxuro fará tremer toda a terra e os poderes fácticos desaparecerán . Xulgados polos Xustizas do Reino, os veciños respostan todos á unha: matámolo nós.
TEMAS: A opresión , a loita polas señas de identidade, a autoridade, a xustiza.
AMBIENTACIÓN: Rural con matices surrealistas.
ENFOQUE: Profundamente crítico, cómico ás veces e tráxico en moitas ocasións.
SUXESTIÓNS:
-A tradición parateatral en Galicia e o seu tratamento dramático neste texto.
-A contraposición entre os veciños e os poderes fácticos; o uso das máscaras para reforzar o contraste.
-A figura do Meco e a súa significación na cultura popular.
-O Entroido como festa popular liberadora.
-O espacio escénico e as úa división en dúas áreas: o pobo e o poder que o oprime.
Animádevos a elaborar fichas similares a éstas para ir confeccionando o arquivo.

sábado, 19 de enero de 2013
PROPOSTAS DE ACTIVIDADES
A idea é que a partir dos libros que aquí están
expostos, os docentes atopemos diferentes maneiras de poñer en práctica a
dramatización na escola. isto non quere dicir que o obxectivo a priori sexa
facer representacións contando con pouco tempo e escasos recursos, senón máis
ben todo o contrario; trataríase de traballar as bases para que os nenos tomen
conciencia do que significa actuar e aprendan técnicas que lles axuden a seren
os verdadeiros protagonistas do espectáculo creativo.
Con esto estamos referíndonos aos obradoiros e
exercicios de autoexpresión, de técnicas vocais, de improvisación, e tamén de
deseño de decorados, de accesorios, de monicreques ou máscaras, de vestiario
etc.
A posta en escena dun espectáculo sería a fase
terminal do proxecto , que se pode entender a longo prazo , dependendo das
características e necesidades de cada caso.
Tendo isto en conta, algunhas actividades poderían
ser:
Na área das Linguas
·
Traballar
a expresión oral , a entoación e os xestos a través de contar contos ou
historias para outros nenos na biblioteca.
·
Traballar
a improvisación e a creatividade dando forma a historias a partir dun tema
elixido.
·
Coñecer
a fondo a estrutura das obras teatrais facendo lecturas en grupo.
·
Crear
diálogos entre varios personaxes nunha situación determinada.
·
Afondar
na corrección dos textos escritos facendo traduccións ao galego dalgunha peza
que nos poida interesar traballar.
·
Facer
reseñas de obras que interesen , falando
da trama,os personaxes e a idade a que van dirixidas, para formar así unha especie de catálogo por idades.
Na
área de Plástica
·
Facer
obradoiros de creación de máscaras.
·
Facer
obradoiros de creación de monicreques.
·
idear
e montar decorados para unha posta en escena.
·
Confeccionar
carteis para anunciar unha representación.
·
Deseñar
o vestiario para un personaxe concreto.
Na
área de Música
·
Facer
exercicios de expresión corporal con diferentes ritmos.
·
Improvisar
movementos para evocar diferentes situacións.
·
Facer
exercicios de imitación de animais e personaxes coñecidos.
·
Elixir
temas musicais que evoquen diferentes sentimentos como fondo para unha
representación.
·
Practicar
algunha peza para formar parte dunha posta en escena.
Na
área de Educación Física
·
Facer
exercicios de dinámica de grupos que favorezan o coñecemento entre si de cada un dos membros.
De seguro que sairán moitas máis logo de achegarnos
un pouco ao mundo da dramatización.
Calquera destas actividades podería ser levada a
cabo para un público, sexan nenos do centro, pais, ou toda a comunidade
educativa a través de exposición de traballos sen ter que esperar
necesariamente a ter unha obra preparada para levar a escena.
Como conclusión, dicir que a exposición pretende ser unha primeira aproximación ao
traballo teatral na escola, que tería como finalidade a medio prazo, buscar un
espazo e un tempo na actividade escolar para consolidar un proxecto teatral ,
no que ,dende o comezo de cada curso, se decida o que se vai traballar ao longo
do mesmo.
RELACIÓN DE LIBROS E PUBLICACIÓNS
Esta relación constitúe unha pequena parte do que é
o Fondo Teatral María Casares, que está situado na Biblioteca Pública de Cangas.
Os títulos foron seleccionados en función do interese para a comunidade
escolar. Abarca o tramo de idades correspondentes a infantil, Primaria e
Secundaria.
TEXTOS EN GALEGO
REVISTAS, CADERNOS E DIDÁCTICOS
.
jueves, 17 de enero de 2013
PRESENTACIÓN
QUE SUBA O PANO! é o nome dun proxecto que xorde dende o Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe A Pedra de Bueu; en colaboracíón cos equipos de Biblioteca e Tics.
Consiste en montar unha pequena exposición de libros de teatro infantil e xuvenil procedentes do Fondo Teatral María Casares (Biblioteca Pública de Cangas).Para logralo contamos coa axuda imprescindible do seu precursor, o director teatral e da Revista Galega de Teatro , Antón Lamapereira.
A idea nace como resposta a varias realidades que observamos na vida escolar:
Este blog quere ser un espazo donde se recollan as experiencias que vaian saíndo desta iniciativa.

- A necesidade de mellorar a expresión oral dos nosos alumnos/as, especialmente en lingua galega.
- O gran descoñecemento dos recursos en materia de teatro escolar que temos ao noso alcance.
- A riqueza que supón poder traballar a dramatización nas aulas como fonte de creatividade, socialización e mellora da autoestima.
Este blog quere ser un espazo donde se recollan as experiencias que vaian saíndo desta iniciativa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)