jueves, 10 de julio de 2014

O LADRÓN DE PALABRAS




Como remate do curso ,o pasado xuño, nenos e nenas de 2º de Primaria do colexio da Pedra levaron a cabo unha pequena representación da obra "El ladrón de palabras" de Antonio de la Fuente Arjona ,(pertencente ao Fondo Teatral María Casares). Dita obra foi traducida ao galego e adaptada aos nenos/as e ao entorno. Resultou unha experiencia gratificante para todos, que nos serviu para darnos conta  de todo o partido que se lle pode sacar a este tipo de actividades cos nenos.Supón aprender a traballar en equipo , responsabilizarse e colaborar nas tarefas e sobre todo xogar e experimentar coas diferentes formas de expresión.

domingo, 30 de marzo de 2014

2 DE ABRIL ,DÍA DO LIBRO INFANTIL

Co gallo da celebración do día Do Libro Infantil, os vindeiros 2  e 4 de abril teremos a oportunidade de asistir  á lectura dramatizada  de O OGROCHO ,(El ogrito) de Suzane Lebeau, dramaturga nada en Canadá, recoñecida a nivel mundial pola súa obra dedicada ao público xove.
A lectura terá lugar nas Bibliotecas de Cangas (2 de abril) e Quintela ,Moaña ( 4 de abril) e está indicada para nenos/as a partir de 8 anos.
O Ogrocho , é o fillo dun ogro que decide burlar o seu destino. Deberá pasar tres probas que son un desafío para o seu instinto e os seus desexos turbulentos. Por unha banda herdou do seu pai o apetito da carne tenra, pero tamén herdou da súa nai a sede de vivir en paz co mundo.




jueves, 27 de marzo de 2014

27 DE MARZO

Hoxe celebramos o Día Internacional do Teatro, e con tal motivo fixemos un mural na entrada do cole , que nos fai reflexionar o que teñen en común o cómic (sobre o que estamos traballando este curso) e o teatro. Ámbolos dous xéneros dan moita importancia ás expresións faciais e corporais para enriquecer o sentido da mesaxe que se quere transmitir. Así, un mesmo texto pode significar algo distinto segundo a cara coa que se diga.
Comprobámolo practicando diferente xestos e mensaxes.

sábado, 22 de marzo de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO 2014

O vindeiro xoves 27 de marzo conmemoramos o Día Internacional do Teatro.
Este ano, a mensaxe que nos fai reflexionar sobre a importancia desta forma de comunicación foi elaborada polo dramaturgo Sudafricano Brett Bailey.
 Despois de lela, dámonos conta de que o teatro é vida e fainos soñar. Por todo o que representa e o que nos permite facer , deberiamos mantelo vivo tamén dende as nosas escolas, para que os nenos gocen non só vendo representacións senón  tamén sendo protagonistas das súas historias.

martes, 4 de marzo de 2014

O CIRCO DOS ESQUECIDOS

O pasado mes de xaneiro , no CEIP A Pedra tivemos a oportunidade de gozar dunha representación teatral moi especial ; O circo dos esquecidos.
Esta obra xorde do marabilloso traballo do grupo de teatro da  Asociación Juan  XIII de Cangas. A través da música e o movemento transportáronnos ao mundo das emocións, a risa, a tenrura e mesmo a tristura.
Botádelle un ollo a esta experiencia.