Os nenos de 5º do colexio A Pedra de Bueu, aproveitaron o proxecto para elaborar unha morea de textos de caracter teatral , dándolle vida a diferentes personaxes que a través do diálogo comparten situacións moitas veces divertidas . Este ano non deu tempo a representalos, pero queda pendente para o vindeiro curso.
Este é o blog do proxecto QUE SUBA O PANO! ;que pretende un achegamento do teatro á escola a través dunha exposición itinerante de libros de teatro infantil e xuvenil.

martes, 25 de junio de 2013
jueves, 20 de junio de 2013
IES DE RODEIRA (CANGAS)
O teatro galego forma parte do curriculo de 4º da ESO e de 2º Bacharelato polo que foi o alumnado destes cursos o que montou a exposición para o resto da comunidade educativa.
Pasra iso baixaron ao corredor que está diante da Biblioteca co libro de texto e os apuntamentos de literatura.Ordenaron os libros de teatro de xeito cronolóxico en tres grandes etapas, achegando información sobre elas:o teatro galego de 1900 a 1936,o teatro galego do 1936 a 1970 e o teatro galego actual, a partir das Mostras de Teatro de Ribadavia, etapa que coincide coa produción de Roberto Vidal Bolaño.Tamén houbo unha sección para as traducións e outra para as revistas de teatro e os Cadernos da Escola Dramática.Para ambientar esta exposición utilizaron os carteis chegados da Xunta con motivo das Letras Galegas e un pequeno escenario, feito con caixas e teas, adornado con máscaras de nariz vermello sobre o que colocaron unha figura de de Roberto Vidal Bolaño e doutros personaxes das súas obras , feitos de cartón.
Podedes vela aquí:

http://vimeo.com/67405364
jueves, 6 de junio de 2013
CEIP DA ESPIÑEIRA (ALDÁN)
Os nenos da Espiñeira tamén se achegaron a coñecer os libros de teatro. Observaron de que maneira se escriben, e cales son as diferenzas con outro tipo de textos. A exposición serviulles tamén para coñecer un pouco quen foi María Casares, que é a que da nome ao Fondo Teatral .
CEIP BELUSO (BUEU)
A exposición estivo no cole de Beluso dende o 29 de abril ata o 10 de maio. Tivo unha boa acollida , fixeron cuestionarios para dar a coñecer os libros , e deixaron unha porta aberta para achegarse un pouco máis ao teatro de cara ao vindeiro curso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)